1\chapter{Opcións, argumentos e procura de rutas}
2\label{optarg}
3
4\section{Chamada a gretl}
5\label{optarg1}
6
7\cmd{gretl} (en MS Windows, \cmd{gretl.exe})\footnote{En Linux,
8  instálase un guión de ``envoltura'' denominado \texttt{gretl}. Este
9  guión comproba se a variable de contorna \texttt{DISPLAY} está determinada;
10  en tal caso, lanza o programa GUI, \verb@gretl_x11@, e se non o está,
11  lanza o programa de liñas de instrucións, \texttt{gretlcli}}.
12
13--- Abre o programa e agarda polas achegas do usuario.
14
15\cmd{gretl} \textsl{ficheirodatos}
16
17--- Comeza o programa co ficheiro de datos indicado no seu espazo de traballo.
18O ficheiro de datos pode estar en calquera de entre varios formatos (consulta
19o \emph{Manual de Usuario de GRETL}); o programa vai intentar detectar o
20formato do ficheiro e tratalo axeitadamente. Consulta tamén máis abaixo a
21Sección \ref{path-search} para ver o comportamento na procura de rutas.
22
23\cmd{gretl --help} (ou \cmd{gretl -h})
24
25--- Presenta un breve resumo de uso e finaliza o programa.
26
27\cmd{gretl --version} (ou \cmd{gretl -v})
28
29--- Presenta a identificación da versión do programa e finaliza o programa.
30
31\cmd{gretl --english} (ou \cmd{gretl -e})
32
33--- Forza a utilización do idioma inglés en troques da tradución.
34
35\cmd{gretl --run} \textsl{ficheiroguion} (ou \cmd{gretl -r}
36\textsl{ficheiroguion})
37
38--- Comeza o programa e abre unha xanela que amosa o ficheiro de guión
39indicado, preparado para executarse. Consulta máis abaixo a Sección
40\ref{path-search} para ver o comportamento na procura de rutas.
41
42\cmd{gretl --db} \textsl{bancodatos} (ou \cmd{gretl -d}
43\textsl{bancodatos})
44
45--- Comeza o programa e abre unha xanela que amosa o banco de datos indicada.
46Se os ficheiros de banco de datos (o ficheiro \texttt{.bin} e o seu ficheiro
47adxunto \texttt{.idx}) non están no directorio de banco de datos predeterminado
48do sistema, debes de indicar a ruta completa. Consulta tamén o
49\emph{Manual de Usuario de GRETL} para obter detalles sobre os bancos de datos.
50
51\cmd{gretl --dump} (ou \cmd{gretl -c})
52
53--- Deita a información de configuración do programa nun ficheiro de texto plano
54(o nome do ficheiro preséntase nunha saída de resultados normal). Pode ser de
55utilidade para solucionar problemas.
56
57\cmd{gretl --debug} (ou \cmd{gretl -g})
58
59--- (Só en MS Windows) Abre unha xanela de consola para presentar calquera
60mensaxe enviada a os fluxos de ``saída de resultados típica'' ou de
61``fallo típico''. Esas mensaxes habitualmente non son visibles en Windows;
62e isto pode ser de utilidade para solucionar problemas.
63
64\section{Diálogo de preferencias}
65\label{guiprefs}
66
67Se poden configurar diversas cousas en \app{GRETL}, no menú de
68``Ferramentas, Preferencias''. Os elementos do menú por separado dedícanse á
69elección da fonte monoespazada que se usa na pantalla de resultados de \app{GRETL},
70e, nalgunhas plataformas, a fonte utilizada nos menús e outras mensaxes.
71As outras opcións organízanse en cinco lapelas, do seguinte xeito.
72
73\textbf{Xeral}: Aquí podes configurar o directorio de base para os ficheiros
74compartidos de \app{GRETL}. Ademais, hai varios cadriños de verificación.
75Se a configuración do teu idioma nativo non é a do inglés e o carácter da
76parte decimal non é o punto (``\texttt{.}''), non marcar ``Usar as preferencias
77locais para o punto decimal'' vai facer que \app{GRETL} utilice de tódolos
78xeitos o punto. Marcar ``Permitir instrucións do intérprete'' fai posible
79chamar por instrucións do intérprete nos guións e na consola de \app{GRETL}
80(esta facilidade non está dispoñible por defecto debido a razóns de seguridade).
81
82\textbf{Programas}: Podes especificar os nomes ou rutas de diversos programas
83de terceiros que é posible chamar con \app{GRETL} baixo determinadas
84condicións.
85
86\textbf{Editor}: Establece as preferencias referidas ao editor de guións de
87\app{GRETL}.
88
89\textbf{Rede}: Establece o servidor no que procurar bancos de datos de
90\app{GRETL}; e tamén se usar ou non usar un proxy HTTP.
91
92\textbf{HCCME}: Establece as preferencias relativas á estimación da matriz
93robusta de covarianzas. Consulta o \emph{Manual de Usuario de GRETL} para máis detalles.
94
95\textbf{MPI}: Isto só se amosa se GRETL está creado con apoio para MPI
96(Interface de Paso de Mensaxes).
97
98As configuracións escollidas mediante o diálogo de Preferencias gárdanse
99dunha sesión de GRETL á seguinte.
100
101\section{Chamada a gretlcli}
102\label{optarg2}
103
104\cmd{gretlcli}
105
106--- Abre o programa e agarda polas achegas do usuario.
107
108\cmd{gretlcli} \textsl{ficheirodatos}
109
110--- Comeza o programa co ficheiro de datos indicado no seu espazo de traballo.
111O ficheiro de datos pode ser calquera de entre varios admitidos por
112\app{GRETL} (consulta o \emph{Manual de Usuario de GRETL} para máis detalles).
113O programa vai intentar detectar o formato do ficheiro e tratalo axeitadamente.
114Consulta tamén a Sección \ref{path-search} para ver o comportamento na procura de rutas.
115
116\cmd{gretlcli --help} (ou \cmd{gretlcli -h})
117
118--- Presenta un breve resumo de uso.
119
120\cmd{gretlcli --version} (ou \cmd{gretlcli -v})
121
122--- Presenta a identificación da versión do programa.
123
124\cmd{gretlcli --english} (ou \cmd{gretlcli -e})
125
126--- Forza a utilización do idioma inglés en troques da tradución.
127
128\cmd{gretlcli --run} \textsl{ficheiroguion} (ou \cmd{gretlcli -r}
129\textsl{ficheiroguion}
130
131--- Executa as instrucións de \textsl{ficheiroguion} e logo pasa o control
132das achegas do usuario á liña de instrucións. Consulta a Sección \ref{path-search}
133para ver o comportamento na procura de rutas.
134
135\cmd{gretlcli --batch} \textsl{ficheiroguion} (ou \cmd{gretlcli -b}
136\textsl{ficheiroguion})
137
138--- Executa as instrucións de \textsl{ficheiroguion} e logo sae do programa.
139Cando utilices esta opción, probablemente vas querer redirixir a saída de
140resultados a un ficheiro. Consulta a Sección \ref{path-search} para ver o
141comportamento na procura de rutas.
142
143Ao usar as opcións \cmd{--run} e \cmd{--batch}, o ficheiro de guión en cuestión
144debe chamar por un ficheiro de datos para abrilo. Isto pode facerse utilizando
145a instrución \cmd{open} dentro do propio guión.
146
147\section{Procura de rutas}
148\label{path-search}
149
150Cando se indica o nome dun ficheiro de datos ou de guión a \app{GRETL} ou
151a \app{gretlcli} na liña de instrucións, procúrase o ficheiro do seguinte
152xeito:
153
154\begin{enumerate}
155\item ``Tal cal''.  Isto é, no directorio de traballo vixente ou, cando
156  se indica a ruta completa, na localización especificada.
157\item No directorio de GRETL do usuario (ver a Táboa \ref{tab-path} para os
158  valores predeterminados; cae na conta de que \texttt{PERSONAL} é un marcador
159  de posición que Windows expande dun xeito específico para o usuario e o
160  idioma, tipicamente implicando ``My Documents'' nos sistemas con idioma inglés).
161\item En calquera subdirectorio inmediato ao do usuario en GRETL.
162\item No caso dun ficheiro de datos, a procura continúa co directorio principal
163  de datos de \app{GRETL}. No caso dun ficheiro de guión, a procura continúa
164  co directorio de guións do sistema. Consulta a Táboa \ref{tab-path} para ver
165  as configuracións por defecto. (\texttt{PREFIX} denota o directorio de base
166  escollido no momento no que se instala \app{GRETL}.)
167\item No caso de ficheiros de datos, a procura continúa entón con tódolos
168  subdirectorios inmediatos ao directorio principal de datos.
169\end{enumerate}
170
171\begin{table}[htbp]
172  \caption{Configuracións das rutas predeterminadas}
173  \label{tab-path}
174  \begin{center}
175    \begin{tabular}{lll}
176       & \textit{Linux} & \textit{MS Windows} \\ [4pt]
177      Directorio de usuario & \texttt{\$HOME/gretl} &
178        \verb@PERSONAL\gretl@ \\
179      Directorio de datos do sistema & \texttt{PREFIX/share/gretl/data} &
180        \verb@PREFIX\gretl\data@ \\
181      Directorio de guións do sistema & \texttt{PREFIX/share/gretl/scripts} &
182        \verb@PREFIX\gretl\scripts@ \\
183    \end{tabular}
184  \end{center}
185\end{table}
186
187Polo tanto non é necesario indicar a ruta completa para un ficheiro de datos
188ou de guión, agás que queiras anular o mecanismo automático de procura.
189(Isto tamén se aplica con \app{gretlcli}, cando indicas un nome de ficheiro
190como argumento para as instrucións \cmd{open} ou \cmd{run}.)
191
192Cando un guión de instrucións contén unha consigna para abrir un ficheiro
193de datos, a orde na que se procura ese ficheiro é como a establecida máis
194arriba; agás que tamén se procure no directorio que contén o guión, xa que
195sería inmediatamente despois de intentar atopar o ficheiro de datos ``tal cal''.
196
197
198\subsection{MS Windows}
199\label{MS-behave}
200
201En MS Windows, a información da configuración de \app{GRETL} e \app{gretlcli}
202gárdase no rexistro de Windows. Se crea un conxunto axeitado de entradas
203no rexistro cando se instala \app{GRETL} por primeira vez, e as configuracións
204poden trocarse no menú ``Ferramentas, Preferencias'' de \app{GRETL}'. No caso
205de que alguén necesite facer axustes manuais nesta información, poden atoparse
206as entradas (utilizando o programa típico de Windows \app{regedit.exe}) dentro
207de \verb@Software\gretl@ en \verb@HKEY_LOCAL_MACHINE@ (o directorio principal
208de \app{GRETL} e as rutas ata diversos programas auxiliares) e en
209\verb@HKEY_CURRENT_USER@ (tódalas outras variables que se poden configurar).
210