1
Kamilaroi/Euahlayi

2
Os Kamilaroi (tamén coñecidos como Gomeroi) e Euahlayi son grupos culturais
3aborixes australianos situados na parte norte de Nova Gales do
4Sur. Sobreviviron á invasión europea e á perda de gran parte do seu país. A
5súa cultura e conexión coa terra segue sendo forte, incluída unha extensa
6astronomía cultural rexistrada por primeira vez na década de 1860.

7
8
Antecedentes

9
Esta cultura do ceo de Stellarium é o resultado dun proxecto de
10investigación de grao superior realizado por Robert Fuller na universidade
11Macquarie, Sydney, rematado no 2014. Stellarium foi elixido como parte do
12proxecto para devolver os coñecementos recollidos ás comunidades Kamilaroi e
13Euahlayi en forma de vídeo documental (Star Stories of the Dreaming) e unha
14guía de estudos dun estudante. No documental utilizáronse clips do
15Stellarium para ilustrar certos obxectos do ceo.

16
17
Obxectos culturais

18
19
Gawaargay

20
Gawaargay é o espírito Emu no Ceo, situado coa cabeza no Coal Sack, e o
21pescozo e o corpo que se estenden polas pistas de po da Vía Láctea
22(Warrambul) pasado Scorpius. O Euahlayi e o Kamilaroi vense con patas en
23abril e maio, cando é femia e persegue os machos. De xuño a agosto é macho e
24está sentado no seu niño sen patas (os machos crían os pitos), e isto é o
25sinal para recoller os ovos. Nas noites de finais de agosto está vertical no
26ceo, e a cabeza e o corpo forman dous "ovos", é dicir, non se deben recoller
27os ovos. Ó final do ano, aparece no horizonte, polo que se cre que está
28sentado nun bote de auga, é dicir, os buratos están cheos. Cando está
29debaixo do horizonte, entón está na Terra como o Emu negro, que raramente se
30ve.

31
32
Birringoloo

33
Birringoloo é a segunda esposa de Byaame, o creador / heroe da cultura. Está
34sentada xunto á fogueira do campamento de Byaame (a estrela Alpha Muscae), e
35todas as mulleres con fillas que morren veñen a este campamento antes de ir
36a Bulimah (o ceo detrás de Warrambul). Agardan neste campamento ata que
37morran todas as súas fillas e veñan ó campamento, e logo poden ir a Bulimah.

38
39
Yarran

40
Yarran (tamén chamado mingga) é a raíz da árbore de Yarran, unha Acacia, que
41é a árbore que Byaame levou ao Warrambul co primeiro home que morreu (e as
42cacatúas). En realidade céntrase no Saco de Carbón, e a nebulosa escura é o
43oco da árbore visto dende abaixo, coas raíces espalladas arredor. Cando
44alguén morre e vai a Bulimah, percorre o oco do Yarran.

45
46
O vello Wiringin

47
Un Wiringin é un "home intelixente" ou un médico aborixe. Este Wiringin
48situado na Pequena Nube Magallánica está alí porque controla quen pode ir a
49Bulimah. Se a persoa que morreu non é iniciada, non se lle permite, porque
50descoñece as regras, así que mándaa a Wadhaagudjaaylwan na Gran Nube
51Magallánica. Este espírito do nacemento enviará os non iniciados de volta á
52Terra como novo bebé, para que poidan ser iniciados. Este Wiringin está
53representado en todos os cemiterios aborixes como a árbore Wilga (Salgueiro
54nativo).

55
56
Birray Birray

57
Os Birray Birray son un grupo de rapaces non iniciados que están namorados
58das sete mulleres novas (irmás) Miyay Miyay, que forman o grupo de estrelas
59Pleiades. Perseguiron o Miyay Miyay, que acabou no ceo, e para iso
60situáronse en Orión, como as tres estrelas que forman o cinto de
61Orión. Rigel é o lume e a espada de Orión é o atizador do lume. Son
62protexidos do Miyay Miyay polo Wiringin, O vello Dthillar, que é Aldebarán.

63
64
Miyay Miyay

65
As Miyay Miyay son as sete mulleres novas (irmás) que foron perseguidas cara
66ó ceo, segundo o conto, polo Birray Birray, ou por varios Wiringins ou
67outras persoas malas. Forman o cúmulo de estrelas Pléiades e, como unha irmá
68é tímida, normalmente só vemos seis estrelas. Están protexidos do Birray
69Birray en Orion polo Wiringin, O vello Dthillar, que é Aldebarán.

70
71
O vello Dthillar

72
O vello Dthillar é un Wiringin, neste caso o Wiringin do Birray Birray, os
73rapaces non iniciados de Orion que defenden as Miyaay Miyaay (Sete Irmás)
74nas Pléiades. O vello Dthillar é a estrela Aldebaraán, que tamén é Alpha
75Tauri, e está alí para protexer as Miyaay Miyaay do Birray Birray. A forma
76"V" invertida formada por Alpha, Epsilon e Gamma Tauri é a gunya (antiga
77cabana) deo vello Dthillar.

78
79
Wamba Wamba

80
"Wamba" significa "tolo" ou "malo". Neste caso, a estrela Canopus chámase
81Wamba Wamba por varias razóns, segundo a historia que se conte. O planeta
82Venus tamén se chama Wamba. Unha especulación é que tanto Canopus como Venus
83se ven preto do horizonte no verán e, debido á difracción atmosférica, pode
84"escintilar" (pestenexando fortemente), o que produce rápidos cambios de
85cor. Isto pode interpretarse coma unha tolemia.

86
87
Wadhaagudjaaylwan

88
Wadhaagudjaaylwan é a terceira esposa de Byaame, que se atopa na Gran Nube
89Magallánica e canta ás mulleres que terán bebés. "Canta" ós bebés e ás
90mulleres da Terra, e leva ás persoas que o Vello Wiringin na Nube Pequena
91Magallánica lle envía e envíaos de volta á Terra como bebés.

92
93
Bandaarr

94
Bandaarr é Kamilaroi / Euahlayi, o canguro, e este canguro está situado
95baixo a barriga de Emu na Vía Láctea, mirando cara ó outro lado de
96Emu. Bandaarr é un canguro gris ou vermello, dependendo da cultura, e ten
97importancia na cerimonia.

98
99
Muraay Muyaay

100
Muraay é Kamilaroi, e Muyaay é Euahlayi para a cacatúa cristada con xofre,
101que son as estrelas do Punteiro (Alpha Centauri e Hadar / Beta
102Centauri). Acabaron na constelación Crux cando a súa árbore, o Yarran, foi
103arrastrada ó ceo co primeiro home en morrer, e sempre perseguen a Yarran.

104
105
Warrawilbaarru

106
Warrawilbaarru é o espírito remuíño que vive na constelación de
107Scorpius. Byaame normalmente impídelle que veña á Terra, pero en setembro
108sae dun dos tres buratos (nebulosas escuras) en Scorpius durante setembro, e
109non volve ata marzo. Durante este tempo está na terra como a "willy willy"
110ou o remuíño, e pode ser perigoso para nenos e homes non iniciados.

111
112
Lectura adicional

113
Máis información sobre a astronomía dos pobos Kamilaroi e Euahlayi pódese
114atopar en https://unsw.academia.edu/RobertFuller.

116